Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica.

A bioquímica e microbióloga francesa Emmanuelle Charpentier e a profesora de química e bioloxía molecular estadounidense Jennifer Doudna son as gañadoras do premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica polas súas contribucións para poder editar os xenomas e manipular os ácidos nucleicos. As dúas premiadas competían este ano polo galardón co bioquímico español Carlos López Otín, ou técnicos como o cofundador de Apple,Steve Wozniak, entre outros candidatos. En total, presentáranse 28 candidaturas dende 16 países a esta trixésimo quinta edición dos galardóns, que por primeira vez se conceden baixo o nome de Princesa de Asturias. O galardón está dotado cunha escultura deseñada por Joan Miró -símbolo representativo do galardón-, así como por 50.000 euros en metálico, un diploma e unha insignia. O pasado ano recibiron este galardón o químico valenciano Avelino Corma e os estadounidenses Mark E. Davis e Galen D. Stucky pola súa contribución ao desenvolvemento de novos materiais que permitiron reducir as emisións contaminantes, crear novos fármacos ou mellorar alimentos, entre outras aplicacións.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s